Meta

A campaña +RAP! é unha idea de Komunikilo para facilitar unha transición comunicativa cara a cultura dixital libre.

Ferramentas

Tecnoloxías dixitais libres utilizadas neste proxecto:

Actualizacións da web (ca)

Icona

A icona da antena e as ondas modificouse desde outra imaxe atopada en freesvg.org:

Signal Transmission

O laranxa das ondas é parecido ao da RAP (#f59a27). O negro da torre non é o negro puro (#100C08).

Fagamos rede

Estas medidas axudan a evitar contradicións.

Agardamos que se sumen a esta campaña todos aqueles proxectos que defenden a neutralidade e a descentralización de Internet, os dereitos humanos, posturas feministas, anticapitalistas, anticolonialistas, ecoloxístas, decrecentistas.

Xuntémonos a prol dunhas comunicacións dixitais humanas!

Categoría Comunicacións Libres no foro de Komun (es)