A RAP e as súas medidas
Resistencia á Agresión Publicitaria (RAP) é unha asociación francesa que loita contra o sistema publicitario desde 1992.
Após moito debate e reflexión, en 2016 crearon unha carta con tres medidas simples para minimizar o impacto do capitalismo dixital publicitario e fomentar unha comunicación máis saudable.
Aínda parecendo intuitivo utilizar eses medios para dirixirnos ás persoas que os utilizan, isto non é motivo para darlles prioridade ou lexitimidade. Se unha organización xa está presente neses medios, existen formas de utilizalos sen promocionalos.
1. Usar sen promocionar
Existe diferenza entre usar medios publicitarios, é dicir, estar neles para enlazar coa nosa web, que é a nosa casa, e promocionalos: que os nosos espazos lles dean publicidade de xeito gratuíto coas súas iconas, que serven para rastrexar ás persoas e alimentan un capitalismo dixital depredador.
Un xeito simple e efectivo para anular o poder das grandes empresas tecnolóxicas é quitar as súas iconas da nosa web. Así, cando unha persoa chegue á nosa casa, non a imos facer volver á xungla dixital. Só debe haber unha dirección: da xungla ao oasis.
2. Evitar contido exclusivo
Publicar contido exclusivo en medios publicitarios é un xeito indirecto de incitar a outras personas a participar neles.
Se se publica algo en medios publicitarios, temos que ter certeza de que a información é accesible por outros medios (a nosa páxina web, o noso blog, un foro de participación comunitaria ou calquera software libre e federado do Fediverso). Os comentarios teñen que ser ocasionais: é máis saudable promover conversas en espazos propios ou comunitarios.
3. Evitar contribuir económicamente
Pagar para facer máis visibles as nosas publicacións é financiar e participar dun sistema publicitario que explota a atención das persoas e crea un entorno dixital tóxico.
Toma a decisión de deixar de financiar macrogranxas humanas.Que non reciban nin un céntimo da nosa parte!